miércoles, 4 de diciembre de 2013

Dimensións culturais


Comparativa das dimensións culturais entre España, Estados Unidos e Venezuela segundo o estudio de Geert Hofstede.

  • Distancia ao poder. Neste apartado observamos que España ten un nivel bastante marcado, o cal quere dicir que a distancia entre o poder e a poboación é desigual. En Estados Unidos vemos que a distancia se reduce, é dicir, a sociedade está menos xerarquizada. O nivel máis alto vémolo en Venezuela, cunha forte desigualdade entre o poder e a poboación de a pe.
  • Individualismo VS colectivismo. Estados Unidos ten un nivel moi alto, é unha sociedade moi individualista, pola contra, en Venezuela observamos un nivel moi baixo, existe máis lealdade. España ten un nivel medio.
  • Masculinidade VS feminidade. Os tres países teñen un carácter máis masculino, máis pronunciado en Venezuela e menos en España.
  • Aversión ao risco. Tanto en España coma en Venezuela observamos unha forte aversión ao risco, permítense menos novidades ou cambios por parte da poboación. Pola contra, Estados Unidos ten un nivel máis baixo.
  • Longo prazo VS curto prazo. España e Estados Unidos teñen un nivel baixo, o cal quere dicir que buscan máis resultados rápidos que a longo prazo. En Venezuela non dispoñemos deste dato.

No hay comentarios:

Publicar un comentario