miércoles, 22 de enero de 2014

Tipos de posicionamento

O posicionamento é a imaxe que a empresa ou os seus produtos ocupan na mente do consumidor.
  • Posicionamento baseado nas características do produto. Resaltan algunha das características do produto. Ex. As pilas Duracell pola súa duración ( ...E duran e duran)
 
  • Posicionamento con base en Prezo/Calidade. Ex. Os supermercados Día destacan por axustar moito os prezos. ''Calidad y precio están muy cerca''

             
          • Posicionamento con respecto ao uso. Consiste nos beneficios que reporta un produto. Ex. Algúns dentífricos resaltan o seu poder anticaries, a protección das encías ou o blanqueamento dos dentes.

          •  Posicionamento orientado ao usuario. Está dirixido ao consumidor de maneira persoal. Ex. Colonias e/ou desodorantes dirixidos exclusivamente a homes ou mulleres. Outro exemplo é o champú Johnson's baby, dirixido aos bebés.





          • Posicionamento polo estilo de vida. Os intereses, opinións e costumes dos consumidores permiten desenvolver unha estratexia orientada hacia o seu estilo de vida. Ex. A marca de bebidas Sprite.

          • Posicionamento con relación á competencia. Búsqueda de posicionamento facendo referencia á competencia. Ex. Cheese Whiz posicionouse con relación ao seu competidor máis económico Rikesa como o queixo para untar que sí ten queixo, chamando a atención sobre que o seu competidor non tiña como ingrediente o leite, fundamental para facer queixo.
          • Posicionarse de primeiro. O que se posiciona primeiro obtén o doble de participación de mercado. Ex. Coca-Cola.
          • Posicionarse de segundo. Posicionarse de número 2 pode ser unha vantaxa competitiva. Ex. Avis, Volkswagen.
          •  Reposicionamento. Ás veces é necesario modificar o posicionamento. Ex. Johnson & Johnson reposicionou o seu champú para nenos, querendo chegar a un segmento máis amplo.
          • Posicionamento a través do nome. Posicionarse a través do nome permite identificar o produto co que representa. Ex. Á hora de pedir algo nun restaurante, pedimos unha ''Estrella Galicia'' ou unha ''Pepsi'', e non unha cervexa ou un refresco.
          • Nomes parecidos. Cando unha empresa ten un nome moi parecido a outra de tamaño máis grande nunca pasará do anonimato. É posible que a pesar de promocionarse, os seus esforzos favorezan a os seus competidores. Ex. As empresas de cauchos Goodrich e Goodyear.


          No hay comentarios:

          Publicar un comentario